Skip to content

Latest commit

 

History

History
82 lines (54 loc) · 3.58 KB

README.md

File metadata and controls

82 lines (54 loc) · 3.58 KB
layout title nav_order permalink nav_exclude
default
Dungeon World en galego
1
/
true

Dungeon World - Texto de referencia básico en galego

Este repositorio contén unha tradución parcial do texto libre do xogo de rol Dungeon World ao galego. O texto orixinal pode atoparse en https://github.com/Sagelt/Dungeon-World.

Índice

Clases de PX

Fichas descargables

Obxectivos

Esta tradución non é oficial nin profesional, tan só é un esforzo comunitario por poñer en común a terminoloxía e linguaxe de Dungeon World, así como proveer de material gratuíto en galego que poder usar de referencia para partidas en galego.

O obxectivo é traducir só o material máis básico: fichas de clases, listas de xogadas e de equipo, etc. Non se busca traducir todo o xogo.

Como contribuír

Acéptase calquera contribución, tanto directamente aquí como contactando comigo (Daenvil) a través de Discord (estou no servidor das Irmandades do Dado).

Convencións a usar

Convencións a usar de forma estándar en todo o texto. Calquera suxestión sobre elas é benvida.

Linguaxe

Todo o texto deste repositorio debe estar redactado con xénero neutro. A convención usada polo de agora é:

  • Evitar marcas de xénero cando sexa posible ("deus/deusa" -> "deidade").
  • De non ser posible, usar xénero neutro explícito. O xénero neutro usado segue as seguintes normas:
    • Usar o morfema "-e" a partir da forma feminina da palabra ("deusa" -> "deuse").
    • Se a palabra formada xa é marcadamente masculina, usar o morfema "-ie" no seu lugar ("deusas" -> "deusies", en lugar de "*deuses").
    • Usar o acento circunflexo ("ê") como diacrítico, de ser necesario ("a deusa" -> "ê deuse").

Terminoloxía

No glosario de termos recopílase un índice de termos a usar de forma estándar en todo o texto. Tamén serve de referencia, se se quere consultar algo.

Formato

  • Ao escribir a descrición dunha xogada, a condición/detonante vai resaltada en "negrita".
  • Ao referenciar unha xogada ou un feitizo, este escríbese en itálica.

Exemplo:

"Cando sanas coas túas artes arcanas, sanas +1d8 PG."

  • As etiquetas de equipo escríbense en itálica, excepto as que levan números ("armadura X", "peso X", etc.).

Exemplo:

"Vara (curto, dúas mans, peso 1)."

Agradecementos

Licencia

Creative Commons License

O texto deste repositorio está baixo a licencia Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International (CC BY-NC-SA 4.0). Podes ver a licencia completa aquí.